Comeza a vendima en Galicia. As primeiras uvas recollidas son de godello de Valdeorras. O consello regulador agarda unha colleita de calidade e abundante | Comportamentos incívicos dalgúns peregrinos. Fixámonos no caso de Arzúa, que vive en boa parte dos que fan o Camiño. O aumento da cantidade de peregrinos e as condutas pouco respectuosas fixo mudar a percepción que algúns veciños teñen destes visitantes| Galicia comezará o curso escolar en Infantil e Primaria con 4.000 alumnos menos que o ano académico anterior | Pais e nenos comezan a preparar a volta ao cole. Cada vez mais cara e moi marcada pola inflación | Máis de 40 grupos actuarán no Festival da Luz que se celebra a partir de mañá e durante tres días en Boimorto