Aumenta o número de persoas que deciden seguir traballando despois dos 65 anos, xa sexa por necesidade, por vocación ou para manterse activas. En Galicia superan os 30.000, unha cifra que non deixou de aumentar nos últimos 15 anos, mentres a Xunta presenta un plan de loita contra a discriminación por idade | Os camiños de Santiago seguen pulverizando records.Os peregrinos rexistrados Son máis de 270.000, un oito por cento máis que ao ano anterior. Espérase que antes de que remate o 2025 a cifra podería superar o medio millón | Detido en Murcia un mozo de 25 anos considerado responsable do accidente ocurrido no corredor do Baixo Miño, no Rosal. Causou a morte a un motorista, co que chocou frontalmente, e posteriormente deuse á fuga| O concello de Sada celebra a declaración do Museo Carlos Maside como Ben de Interese Cultural. A decisión, adoptada pola Xunta, permitirá poñer en valor un centro que forma parte do proxecto de Sargadelos de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.