Antonio Fontenla non se volverá presentar á reeleción á presidencia dos empresarios galegos, logo de 3 mandatos consecutivos á fronte. Anunciouno hoxe nunha comparecencia na que acusou ao candidato José Manuel Fdz. Alvariño de presentarse para defender intereses particulares // Os máis de cen exempregados de Tablicia, en Nadela (Lugo), ata agora en proceso de liquidación, ven con esperanza aos compradores, os peruano de Representacions Martín, que teñen previsto retomar a fabricación de taboleiros de aglomerado na factoría, despois dun ano sen actividade // Na reunión sobre as bonificacións fiscais ou tax leaseá construcción de barcos , os representantes do sector naval pídenlle ao Goberno axilidade para definir qué cantidade de bonificacións deben devolverse e en qué prazos // Luis Enrique non fai de momento declaración, pero os seus xogadores din que non ven nel ningún sinal que lles indique que vaia marchar. 22/07/13