Con prudencia e cautela. Así reciben moitos na rúa O anuncio de que a máscara deixará de ser obrigatoria en exteriores, e que xa se deixa notar nun aumento nas vendas de productos de cosmética. Os expertos advirten que haberá que seguir levando algunha protección sempre a man, nun recipiente axeitado. // A Garda Civil de Tráfico de Ourense tómalle declaración a once persoas en calidade de investigadas trala súa participación nunha concentración de coches na Ribeira Sacra a mediados do mes pasado. Nas imaxes difundidas nas redes sociais vese como os pasaxeiros dalgúns dos vehículos ían sentados nos marcos das portas e sen suxeición de ningún tipo.// // A Policía Nacional interceptou dous vehículos que levaban agochados 100 quilos de haxix. E o maior alixo desta sustancia na provincia de Pontevedra nos últimos meses. // Os delitos informáticos aumentaron dende o inicio da Pandemia. Ata 6.000 denuncias recibiron as comisarías galegas no que vai de ano. Para loitar contra os ciberdelincuen