En Pontevedra, permanece detido o presunto autor da morte a coiteladas dunha moza de 33 anos. A Policía desbota xa que se trate dun caso de violencia de xénero. // O vehículo no que viaxaba Manuel Baltar, captado por un radar a 170 quilómetros por hora en Allaríz, xusto o mesmo día en que, minutos despois, axentes de tráfico interceptábano a 215 en Zamora. // A Xunta estuda recorrer ante o Constitucional a nova lei de vivenda, e asina un convenio cos colexios de avogados para que ofrezan asesoramento aos propietarios en caso de ocupación ilegal. // A suba dos prezos aumenta o interese polos destinos vacacionais máis económicos en apartamentos ou camping. Para algúns, a fórmula do aforro pasa por reservar con meses de antelación e recortar o número de días fora. 22-05-23