Hai so uns minutos, o presidente da Xunta, daba conta das novas normas que entrarán en vigor a próxima fin de semana, e que suporán o inicio da desescalada, logo de dar por superado o pico da terceira vaga da Pandemia. As medidas incluen alivio para a hostalaría e o fin do peche perimetral en moitos concellos. // Máis vacinas para Galicia, e o que lle piden ao goberno central dende o Partido Popular e o BNG. Din que ata agora so se están a recibir un 5 por cento das que corresponden a toda España, cando os galegos maiores de 80 anos son máis do do 8 por cento do total. // O festival do marisquiño cancelase este ano, e a organización anuncia ademáis que non se volverá celebrar nin en Vigo nin en outro lugar de Galicia ante a imposibilidade de obter apoios institucionais. 22-02-2021