Temporal de neve: Seis mil escolares sen clase e tráfico complicado nas provincias de Lugo e Ourense. // Tamén está complicada a situación no mar. Desde este mediodía, todo o litoral galego permanece en alerta vermella por vento forte e ondas que poden chegar aos nove metros. // Segue o xuízo do Prestige. O ex ministro de Fomento Francisco Álvarez-Cascos declarou hoxe que os danos causados polo accidente do petroleiro foron "inevitables", e defendeu a decisión de afastar o buque da costa, tomada polas autoridades marítimas españolas. // Coidar a paisaxe, incluída a rehabilitación de núcleos rurais e a eliminación de construcións ilegais, é un dos retos que se propón a Xunta para potenciar o turismo. // Atopan en Valladolid unha copia do testamento do Mariscal Pedro Pardo de Cela, que desmonta mitos sobre a figura deste nobre medieval galego. 22/01/13