As eleccións autonómicas galegas serán o 8 de febreiro. O adianto electoral anunciouno Alfonso Rueda tras a reunión do Consello da Xunta| Un anuncio que chega a poucos días para a Noiteboa polo que son noticia os prezos que acadan produtos como os camaróns, por riba dos cen euros, os percebes a 60 ou as centolas a 50 euros o quilo | Últimas horas para o sorteo de Nadal da Lotaría. As administracións constatan un aumento das vendas este ano, ata un gasto medio de 75 euros por persoa | Hoxe fan dous anos da chegada da Alta Velocidade a Galicia. Dende entón, segundo Renfe, máis de 3, 6 millóns de viaxeiros utilizaron a liña. 21-12-2023