Segundo o sumario do caso Asunta, os pais acordaron matala tres meses antes do asasinato e durante ese tempo drogárona, supostamente, para probar a dose de ansiolíticos que ían utilizar. O día do crime, Alfonso Basterra drogouna Asunta e Rosario Porto asfixiouna. Mariano Rajoy dise satisfeito pola sentenza do Prestige porque, manifesta, recoñeza que a acción do goberno contra a marea negra, que el dirixiu, foi a correcta. A Xunta confirma a presentación dun recurso propio contra a mesma sentenza. Anunciouno Núñez Feijóo nun Consello que aprobou axudas para familias numerosas e para empresas que contraten profesionais dedicados á buscar exportacións. Preocupación no naval e sobre todo en Navantia Ferrol ante a falta de contratos, a posible construción en Asia de catro gaseiros aos que optaba e a afirmación inicial do ministro de industria de que Galicia só faría un dos dous floteis en proxecto.José Manuel Soria engadiu logo que serán dous os floteis e o Núñez Feijóo apremia a Nav