No comenzo do novo curso, aumentan as queixas de mal funcionamento do transporte escolar. So na comarca de Santiago hai 12 centros que denuncian incumprimentos de horarios e alumnos que quedan tirados nas paradas. // Representantes dos armadores e das comunidades autónomas afectadas polo veto á pesca de fondo mantiveron un encontro en Madrid, coa ollada posta nun recurso xudicial á prohibición establecida por Bruxelas. // O Alzheimer afecta xa a unhas 70.000 persoas en Galicia. No Día Mundial da enfermidade, as asociacións de afectados piden que a sanidade pública se ocupe tamén da atención ás familias. // As adegas da Ribeira Sacra colleitan, nos últimos seis días de vendima, preto de dous millóns de quilos de uva, sobre todo da variedade principal , a mencía que presenta unha boa calidade, na denominación que practica a Viticultura heroica 21-09-22