Nieves Cabo, a mesma muller que estreara en Galicia a vacina da Covid.., con ela comenza a administrarse a terceira dose, como reforzo aos usuarios das residencias. Mentres, segue o campaña da consellería de Sanidade para contactar cos galegos maiores de 12 anos que quedan inda sen vacinar para ofrecerlles a oportunidade de facelo. //. Hoxe quedou inaugurado en Ferrol o Cesena, o centro de excelencia do sector naval.Ten coma función dixitalizar o sector e vai traballar en tres eixos: a cooperación entre estaleiros e empresas, a innovación e a relación coas universidades e centros de formación profesional para mellora do emprego. // A multinacional do sector eólico, Vestas, ven de anunciar o peche da súa fábrica en Viveiro, na Mariña de Lugo e o despedimento de 115 traballadores. // A dirección xeral de tráfico e a Xunta colaboran para facer o camiño de Santiago máis seguro. Despois de analizaron máis de sete mil kilometros das rutas con maior afluencia centra a sua preocupación en algo