O lume amaina pero está aínda lonxe de rematar. Cinco grandes incendios seguen avanzando sen control e no que vai de vaga xa queimaron en Galicia máis de 87.000 hectáreas | Perdéronse animais, ardeu algunha granxa, pero o que máis preocupa agora aos gandeiros afectados polos incendios é como alimentar os que se salvaron. Hai explotacións en extensivo que perderon os seus pastos e teñen que recorrer á herba seca | Comeza a vendima en Valdeorras. As viñas fixeron de cortalumes, pero hai incerteza por como lle afectarán á uva as altas temperaturas e o fume | A pintora e ilustradora Lara Pintos crea representacións poéticas do espazo. Hoxe é a protagonista de 'Eu Son', a nosa sección dedicada á nova creación galega