Tres cruceiros na Coruña e un en Vigo trouxeron hoxe a Galicia a preto de 6.000 visitantes. Un tipo de turismo que non para de aumentar nos nosos portos, mentres que en cidades como Barcelona tratan de limitalo | Unha representación de veciños de Sanabria protestan ante o Concello de Vigo pola supresión de paradas do tren de alta velocidade na súa vila. Perderon as dúas primeiras conexións diarias con Zamora, por, denuncian, reducir un cuarto de hora o tempo da viaxe entre Vigo e Madrid | En Rodeiro, un concello de Pontevedra de 2.300 habitantes, o 11 % da poboación son estranxeiros. Desde os anos 70, a chegada de migrantes fixo posible revitalizar a veciñanza e a actividade económica do municipio, que hoxe é un exemplo de integración | Un dos símbolos da cultura galega dos anos noventa. A Sala Nasa, en Compostela, foi punto de encontro e de reivindicación da música e da escena. Agora están dixitalizando os arquivos de toda aquela actividade para que sexan de acceso libre na rede