A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo. Durante 3 días, 70 directores decidirán as liñas de actuación no próximo ano. A raíña valorou que o Cervantes difunda o español, e tamén as outras linguas peninsulares // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, estiveron nos xulgados de Santiago onde se vía a súa solicitude de liberdade provisional, mentres non se celebra o xuízo, previsto para finais de setembro // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestión da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. Está acusada de presunta malversación de fondos públicos, fraude con subvencións e apropiación indebida. 21/07/15