A Garda Civil investiga as circunstancias polas que unha muller se precipitou dende a súa vivenda nun cuarto piso do Barco de Valdeorras. Investigan se se trata dun caso de violencia de xénero. Os veciños e veciñas concentráronse en apoio á vítima | En Vigo está detido un home que tería prendido lume á casa da súa exparella con ela e a súa filla dentro | Detención en Panamá do principal sospeitoso do dobre homicidio de dúas cidadás chinesas en Pontevedra no 2009 | Alfonso Rueda recoñece que a saúde mental é un problema crecente na sociedade galega e que está aumentar a contratación de psicólogos. Responde así á pregunta de Ana Pontón de por que só investiu 33 dos 83 millóns previstos para saúde mental | 25 anos de Alento, a primeira das cinco asociacións galegas de axuda a afectados por dano cerebral adquirido | Cuarta xornada de traballadoras de residencias privadas de maiores | Aumenta produción de té en Galicia | Proxecto para recuperar a avea negra, un cereal autóctono de Galicia d