Accidentada estrea da alta velocidade entre as cidades galegas e Madrid. O primeiro AVE que saía de Vigo ás nove e media da mañá quedou parado durante máis dunha hora en Ourense pola falta de tensión na liña ferroviaria e tivo que ser remolcado por outro tren | Hoxe botou a andar en Vigo a gran feira dos estaleiros e as industrias auxiliares. Máis de medio milleiro de empresas de case un cento de países mostran en Navalia o pulo da construción naval, que semella ter deixado atrás a crise | Unha aseguradora terá que pagar 13 millóns de euros a unha familia de Santiago por unha neglixencia nun parto. O bebé naceu con graves secuelas por non facer a tempo unha cesárea. É a maior indemnización imposta en España por un caso así | No Día Europeo da Rede Natura 2000, imos visitar o concello de Porqueira, en Ourense, un dos máis descoñecidos de Galicia, pero recoñecido polas súas boas prácticas medioambientais