Milleiros de peregrinos coñecen a nova do pasamento do Papa no Camiño. Haberá representación galega nas exequias por Francisco en Roma. O arcebispo confía que o vindeiro xefe da igrexa católica visite a nosa terra | Rueda replica ás críticas pola celebración da súa toma de posesión e espera que o debate sobre a autonomía desta esta semana sexa útil e construtivo. A oposición esixiralle un pulo á xeración de emprego e riqueza e que mellore a xestión para non perder fondos europeos | O viaduto do Castro na A6, preto de Pedrafita, volve estar en obras. Esta ponte que se derrubara hai case tres anos e que reabrira ao tráfico a finais de 2024, será agora impermeabilizada e asfaltada. Os traballos condicionarán o tráfico durante dous meses | A hostalaría acada o 76% de ocupación na Semana Santa gracias á baixada de prezos. O Camiño arrasa con preto de 20.000 compostelanas entregadas | O Celta cae 4-3 ante ao Barça en Montjuic. Empate do Depor co Tenerife e triunfo do Racing de Ferrol front