Os principais equipos galegos encaran a semana cos seus obxectivos da temporada case cumpridos. O Celta da un gran paso cara a permanencia tras gañarlle ao Almería por un contundente dous a catro. O Dépor enfila o ascenso directo a Primeira, logo de vencer con autoridade ao Mallorca. E o Lugo tamén tén moi perto o obxectivo de asegurar a permanencia, logo de vencer ao Ponferradina // Xuízo ao principal acusado da operación Carioca, de Lugo,  José Manuel García Adán, acusado de malos tratos, retención ilegal e agresión sexual á súa exmuller. O fiscal pide para el 27 anos de cárcere // Continúa por quinto día a busca dos dous mariñeiros portugueses que seguen desaparecidos tralo naufraxio do Mar Nosso en Asturias. As causas do acidente poderán aclarase algo máis tralas declaracións mañá dos cinco tripulantes galegos que sobreviviron ao naufraxio deste pesqueiro con bandeira portuguesa e base en Marín. 21/04/14