O tempo é o protagonista da xornada pola chegada dun novo temporal costeiro. Volven as alertas: está activado o aviso amarelo no litoral de Lugo e o laranxa nos litorais das provincias de Pontevedra e da Coruña | O descenso no uso da lingua centra o debate político, ante a convocatoria, este domingo da manifestación promovida por Queremos Galego. Os grupos da oposición reclaman medidas de fomento, sobre todo entre os mási novos, mentres a Xunta destaca que a competencia linguistica está acreditada | Protesta de Mariscadores das rías de Arousa e Noia ante a valedora do Pobo pola mortandade masiva de bivalvos. Piden unha regulación para evitar os episodios de avalancha de auga doce procedentes dos encoros, coicidindo coas intensas chuvias | Técnicas de abono de precisión, robots muxidores ou exoesqueletos para mellorar a saude laboral. Son novidades do sector agropecuario que se amosan na Feira de maquinaria en Silleda, unha aposta pola sostibilidade a mellora xenética e a innovación | E