Unha parella en trámites de separación morreu nunha explosión, ao parecer provocada, nunha vivenda de Redondela, no que todo apunta a que é un novo caso de violencia machista // O Parlamento Galego debatiu, por cuarta vez a solicitude dos grupos de En Marea e BNG de creación dunha comisión de investigación que indague sobre as causas e circunstancias do descarrilamento do tren en Angrois // Galicia está entre as comunidades con menos axentes de policía e garda civil. Un déficit en materia de persoal que admitiu hoxe o delegado do goberno. 21/02/17