Os talleres mecánicos, baixo mínimos por falta de persoal. É a voz de alarma dos responsables dos establecementos, con tempos de espera que superan o mes para reparacións e que van en aumento. O sector, sen apenas remuda xeracional, conta actualmente cuns 20.000 profesionais, para un parque de máis de 2 millóns de vehículos, que figura entre os máis envellecidos de Europa | Campaña da Dirección xeral de tráfico para controlar as condicións do transporte escolar. Os axentes comproban se os autobuses contan coa documentación en regra e cumpren coa normativa en materia de seguridade. Tamén ca obriga de que os menores vaian acompañados de persoas cualificadas, logo de que na campaña anterior foran detectadas irregularidades en case a mitade dos vehículos inspeccionados | Acordo entre a multinación Alcoa, compañía enerxética Ignis e as administracións central e autonómica para asegurar o futuro da factoría de Alcoa en San Cibrao. Mostran interese en colaborar cos traballadores para reactiva