Satisfacción entre os viaxeiros ao coñecer que o Goberno manterá as axudas ao transporte público ata xuño, cando contemplaba favorecer só a colectivos vulnerables a partir de xaneiro. A medida, que seguirá beneficiando a millóns de usuarios en todo o estado, afecta aos servizos de autobús e tren | Ingresan en prisión preventiva os propietarios da axencia de viaxes da Coruña acusados de vender billetes de avión que resultaron ser inexistentes. Calcúlase que os afectados, poderían ser uns 300, a meirande parte inmigrantes latinoamericanos que pretendían pasar o Nadal aos seus países de orixe | Dende hoxe están operativos en cinco instalacións hospitalarias, os centros de crise para atender agresións sexuais e casos de violencia de xénero. Funcionan as 24 horas e os sete días da semana, e ademáis de persoal médico contan con profesionais especializados para o acompañamento xurídico e psicolóxico das vítimas, xusto tras sufrir unha agresión | O edificio leva rematado dende hai oito anos, p
