Moreas de cartons e bolsas de lixo acumúlanse nalgunhas rúas da Coruña. O concello falla de anomalías no servizo de recollida e considera que é parte do pulso entre os traballadores a a dirección da empresa concesionaria, a cinco días da folga convocada. | Alfonso Rueda aposta por seguir gobernando, sen poñer data para as eleccións. Mentres a oposición dá por rematada a lexislatura. | Galicia é a segunda comunidade con máis accidentes de tráfico provocados por animais, sobre todo xabarís. O ano pasado ascenderon a 5.500. Ocorren sobre durante as fins de semana e entre as sete da tarde e a medianoite. | Rescatar a tradición de cantar os Reis. É o que buscan os profesores dun colexio de Cabral, en Vigo. Animan aos alumnos a percorrer o barrio, cantando e pedindo aguinaldo. 20-12-2023