A Garda Civil cre ter identificado o autor dos maiores incendios do ano pasado en Galicia, con máis de 2.000 hectáreas arrasadas, nos concellos de Trabada e Barreiros, na Mariña de Lugo. Trátase dun mozo de 27 anos, membro dunha brigada do servizo de loita contra o lume. Logo de ser detido, quedou en liberdade á espera de pasar a disposición xudicial | O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do PP para reclamar ao goberno central que revise o sistema Viogén, ao que están acollidas en Galicia máis de 5.600 mulleres. A Xunta comprométese tamén a elaborar unha nova lei contra a trata, e a incluir a educación sexual e afectiva nos contidos educativos dende o vindeiro curso. | Os produtos derivados do leite son unha das principais claves na dieta atlántica, que nos sitúa entre as poboacións máis lonxevas do mundo. Así o destaca o libro branco dos lácteos, unha guía de referencia elaborada por expertos en nutrición, que abogan por recuperar os hábitos dietéticos tradicionais fron