O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está hoxe en Galicia para asinar un convenio coa Xunta polo que o Goberno Central vai aportar 17 millóns de euros para esas obras na Catedral de Santiago. Servirán para reparar o deterioro da pedra do monumento // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero. Fará mais campañas de prevención de cara aos mais novos, na familia e nos centros educativos. Neste ano levan morto en Galicia por esta violencia 6 mulleres, e 50 nos últimos 15 anos // Despedida en Pontevedra os 280 militares da Brilat que marchan a Afganistán. Protexerán a base e o aeroporto de Herat, con vistas xa á próxima retirada do país asiático. O 1 de xaneiro a Brilat iniciará en terras afgás a súa sexta misión en Afganistán, que se prolongará ata maio. 20/11/14