Continúa o avance da segunda vaga de covid-19 en Galicia. Os casos activos ascenden hoxe a 5.215, logo de rexistrarse 343 novos positivos no último día. Os pacientes hospitalizados en planta ascenden a 277, once máis ca onte. A área sanitaria de Ourense é a única na que descende o número de contaxios. Esta tarde reúnese o comité clinico, que tomará novas medidas. //intoxicacións e queimaduras relacionadas co xel hidroalcólico, sobre todo en menores. No hospital clínico de Santiago, un neno de Lalín foi sometido esta mañá a un transplante de membrana para salvarlle o ollo, salpicado accidentalmente no colexio. //Unanimidade no parlamento galego para reabrir a investigación sobre a fusión das antigas caixas de aforro. Os tres grupos acordan depurar as responsabilidades sobre o proceso que rematou na privatización das entidades e as indemnizacións millonarias dos seus exdirectivos. 20/10/20