Alfonso Rueda, asegura, trala xuntanza co presidente do Goberno na Moncloa, que non recibíu ningunha concreción sobre investimentos en infraestructuras pendentes e proxectos industriais como o de Altri. Di que tampouco convenceu a Sánchez de non negociar bilateralmente a finaciación autonómica | A cidade de Santiago terá taxa turística a partir do próximo ano. A Xunta acepta a reclamación do concello e anuncia unha proposta que será tramitada no parlamento para habilitar ese novo imposto. Calquera concello que o solicite poderá encargarse de cobralo e destinar o ingresos a mellorar á sostibilidade turística | Un colectivo republicano presenta en Vigo unha denuncia por branqueo de Capitais e delito fiscal contra o Rei emérito e as suas fillas. Acúsanos de ocultar presuntamente fondos millonarios á facenda española mediante unha fundación creada en Abu Dhabi | A recén gañadora do premio nacional de poesía deste ano, Chus Pato, recíbenos na sua residencia habitual en Lalín. É a cuarta esc