Sete incendios seguen sen control na provincia de Ourense, pero o descenso das temperaturas e unha chisca de humidade amainan a súa intensidade. Nas últimas horas non aumentou a superficie queimada neses lumes | Segue moi grave, pero estable, o brigadista de 18 anos queimado hai unha semana no incendio de Oímbra. Está ingresado na unidade de queimados do hospital da Coruña. Hoxe achegámonos a esta unidade de referencia en España | O turismo tamén se resente cos incendios. O temor a ter problemas coas viaxes provoca un dez por cento de cancelacións nos hoteis de Santiago | Concentración no xulgado de Tui de familiares e amigos de Brais Otero, o motorista que perdeu a vida contra un coche no Rosal. O condutor do coche evitou a prisión provisional pagando unha fianza de 150.000 euros