Último día de clase para os máis de 300.000 estudantes de Infantil, Primaria, Secundaria e tamén Bacharelato. Unha despedida ata o próximo curso, que dará comezo en Galicia o 8 de setembro | Un pouquiño máis cara pero de calidade excelente... é o que comentan os pescadores que esta mañá vendían na lonxa a sardiña a 5 euros de media, se ben os usuarios pagámola nos supermercados e prazas case ao dobre: uns 9 euros | Fin das testemuñas no xuízo polo crime de Elisa Abruñedo. O asasino confeso fixo uso da palabra. O obxecto de veredicto entregarase o mércores | Desartellada unha banda que estafaba a persoas maiores simulando ventas nas que as vítimas facían contratos de financiamento | A Xunta declara de interese público a renovación do parque eólico da Serra da Panda, situado entre os municipios coruñeses de Mañón e Ortigueira | O camiño de Santiago de Eric e María | Máis de 3.500 participantes chegados de todas partes de España e ata de 60 países recollían esta mañá as súas credenciais p