O comité de expertos da Xunta estuda cales serán as novas normas sanitarias, unha vez remate o aval do Tribunal Superior de Xustiza para as que están en vigor. Entre os posibles cambios, mesons e taperías poderían ampliar os horarios ata a 1 da madrugada. // Galicia acollerá aos menores de orixe marroquí que lle correspondan no reparto efectuado polo Goberrno Central a raíz da crise dos últimos días en Ceuta. O Presidente da Xunta cifra en 20 o número de menores que poderían ser trasladados aquí. // O segundo buque de aprovisionamento en combate construido por Navantia Ferrol para a Armada de Australia era despedido este mediodía para sair rumbo a sua futura base, en Perth. // O Goberno central decidíu interpoñer recurso contra o Plan de Explotación Marisqueira aprobado pola Xunta. A decisión foi adoptada por considerar que esa normativa non contaba cun informe preceptivo do Ministerio de Transición Ecolóxica. 20-05-2021