Visita de Filipe VI ao estaleiro de Navantia e o Arsenal Militar de Ferrol. Fíxoo acompañado da ministra de Defensa Margarita Robles. O monarca interesouse polas fragatas F-110, de alta tecnoloxía, e o proxecto de abrir a cidade ao mar, que inclúe a demolición da muralla do Arsenal | Intensa xornada do Presidente da Xunta en Bruxelas. Alí foi designado como un dos vicepresidentes do Comité das Rexións e mantivo encontros coa comisaria de Pesca e coa responsable de Transición enerxética, a española Teresa Ribera. Pedíulle respaldo económico para proxectos industriais como o de Altri en caso de obter informes favorables de impacto medioambiental | A duración media das baixas por incapacidade temporal ascende en Galicia a 74 días, 22 máis que a media do conxunto de España, segundo un informe elaborado polas universidades de Santiago e Vigo. Estima o custe do absentismo laboral na nosa comunidade en 850 millóns de euros ao ano para a Seguridade Social e 782 millóns para as empresas | Polém