Estamos en pleno Entroido e hoxe en Laza, un dos lugares nos que máis arraigamento ten esta tradición, é o día da lama e as formigas. É o luns borralleiro. // Milleiros de traballadores maniféstante en nove cidades de Galicia contra a reforma laboral que vai aprobar o goberno de Mariano Rajoy. // A falta da confirmación da proba de ADN, todo indica que o cadáver que apareceu onte na praia de Riazor é o do estudante eslovaco Tomas Velicky. // Estes días visita Galicia a exposición coa que Radio Nacional celebra o seu 75 aniversario. // Nove vitorias consecutivas consolidan ao Deportivo no liderado de Segunda. Tamén o Celta segue gañando e mantense no segundo posto da clasificación, en zona de ascenso directo. // Unha exposición mostra en Lugo como era a vida cotiá nunha cidade romana a comezos desta era. 20/02/12