Prohibido, dende hoxe, ter aves de curral ao aire libre nos sete concellos declarados zona especial de risco por gripe aviar, na comarca do Salnés. As galiñas terán que estar encerradas ou protexidas para impedir o contacto con aves silvestres. , tampouco se pode dar auga de depósitos aos que podan ter teñan acceso. Unha medida adoptada polo Ministerio de Agricultura para frear a propagación do virus, que de momento non se teme que poida afectar a humanos | Ruptura total no grupo municipal socialista en Santiago. Catro do seis concelleiros apoian ao portavoz, Gonzalo Muíños, ao que a dirección do Partido suspendeu de militancia e pediu que abandonase o cargo por indisciplina reiterada. A sanción é consecuencia da votación dos concelleiros do grupo a favor da ordenanza regulatoria dos pisos turísticos | Cristóbal Parralo, destituido como adestrador do Racing de Ferrol, trala goleada encaixada onte na visita a Santander. Un 6-0 incontestable, que deixa moi tocados aos ferroláns. Ata o no