Loito na Praza de Abastos de Santiago pola morte violenta de Antonio Costa, carniceiro recoñecido na cidade. O suceso tivo lugar a primeira hora da mañá no propio mercado. Hai dous detidos e outra persoa está en busca e captura | Esta semana cúmprense 100 anos das primeiras emisións da radio en España. Para celebralo, invitamos a algúns locutores históricos de RNE en Galicia. Lendas vivas de como se fixo a radio. Dende anos atrás, cando este medio era case artesanal ata a actualidade | Palas de Rei, na comarca lucense da Ulloa, acaba de ser elexido polos usuarios dunha aplicación turística como o municipio máis bonito de Galicia. Entre os seus atractivos, o Castelo de Pambre, unha das fortalezas mellor conservadas