Galicia roza os mil casos activos de covid, un nivel que non se acadaba dende hai dous meses. Ourense segue a ser a área sanitaria más afectada. A Xunta pide autorización ao Tribunal Superior para requerir o certificado covid para acceder aos hospitais.. // O rei Filipe VI está hoxe de novo en Galicia, cunha axenda que comezou en Vigo, onde se puxo ao volante das versións electricas dos vehículos de Stellantis.. // As vítimas reciben con esperanza a reapertura do caso da Maruxaina, decidida pola Audiencia Provincial de Lugo, ao considerar que se compremeteu a intimidade das mulleres ás que gravaron mexando durante a celebración desta festa en San Cibrao // Líbano, un boi de raza rubia galega, criado nuna explotación de Xove, e que acaba de batir record de prezo: 39.900 euros polas suas duas toneladas e media de peso. A sua carne será vendida por internet. 12-11-2021