Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas polas dificultades para acceder á vivenda, nunha xornada de folga convocada pola organización Erguer. Piden máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos,e aprehendéronse mais de 20 quilos de heroína. | Galicia perdeu no mes de setembro 7.000 empregos. E a segunda comunidade na que o paro aumentou máis, en contraste coa media do conxunto de España, que rexistra o mellor dato dende hai 15 anos