Os restos do furacán Danielle chegan a Galicia moi desinchados e tocan terra como borrasca atlántica, nun adianto do outono que temos ás portas. Con chuvias abundantes, que poñen en alerta amarela a fachada atlántica. // 20 anos despois do asasinato de Débora Fernández aparece en dependencias policiais o teléfono da moza viguesa que se dera por desaparecido pouco despois de comezar a investigación. Apareceu sen a tarxeta SIM que a nai lle entregara a dous policías. 12-09-2022