O lume continúa a avanzar no Macizo Central Ourensán, e ameaza novos núcleos habitados. A superficie arrasada en Chandrexa de Queixa supera as 3.000 hectáreas, máis do que ardeu no conxunto de Galicia durante todo ano pasado. A orografía da zona difículta especialmente o traballo dos equipos de extinción. A Xunta pediu axuda á Unidade Militar de Emerxencias | O Partido Popular o que faise coa alcaldía de Touro mediante una moción de censura. O popular Jesús Reboredo accede ao cargo, do que desbanca a Roberto Castro, beneficiado polo voto dun antigo concelleiro dese grupo | En pleno agosto, con Galicia repleta de turistas e festas locais, o marisco convértese nun reclamo e o aumento da demanda dispára os prezos en lonxas, mercados e restaurantes. Algúns produtos acadan valores semellantes aos do Nadal | Volve a Coruña Viñetas desde o Atlántico, o certame que converte á cidade na capital da banda deseñada, este ano descubre a intensa relación do comic co mundo da música.