Declarada a emerxencia sanitaria total na Coruña, logo dunha nova madrugada de Incendios vandálicos relacionados co conflito da recollida de Lixo. Varios vehículos e edificios resultan afectados e Tres persoas necesitaron asistencia hospitalaria por inhalación de fume | Salvamento Marítimo investiga a aparición de pequenas bolas de chapapote en varios areais, sobre todo da Mariña lucense. Parecen hidrocarburos moi degradados e polo de agora non hai ningunha sospeita sobre a súa orixe. Organizacións ecoloxistas piden colaboración cidadá para facer un seguimento da situación | O paro subiu en Galicia en 107 persoas no mes de xuño. A suba é achacable ao sector servizos, e a cifra total queda en 118.000 persoas sen emprego |