Unha muller de 33 anos, vítima mortal dun apuñalamento, ocorrido nunha infravivenda frecuentada por okupas, en Pontevedra. Un home, de 50 anos, detido como presunto autor do crime. A policía asegura que entre eles non había relación de parella. // No porto de Ribeira, un equipo de submarinistas da Policía Nacional busca a pistola empregada nun intento de homicidio. Hai tres persoas detidas cando, ao parecer, trataban de fuxir a Portugal. A vítima, de 27 anos de idade, está en coma. // Coa suba dos prezos, serán máis os que opten este ano para as vacacións pola aldea, o apartamento da praia ou o camping. 22-05-23