As obras do viaduto do Castro, na A-6, a piques de rematar, para que o tráfico quede restablecido, en sentido Madrid, a partir do próximo día 30. Así o anuncian os responsables do goberno. | Aprobados no Parlamento os presupostos da Xunta para 2024, que serán os últimos da lexislatura. Os populares destacan que destina un 75 por cento a gasto social, mentres a oposición considera que están feitos en clave electoral. | José Manuel Baltar nega ante o Tribunal Supremo que cometese delito contra a seguridade vial. | O outono que remata foi o máis cálido e o máis húmido dende que hai rexistros, con precipitacións que chegaron a duplicar o habitual. Así consta no balance presentado pola AEMET. 19-12-2023