Esceas de profunda dor en Boqueixón en lembranza de Ana Enjamio, unha xove e brillante enxeñeira que morreu acoitelada a pasada fin de semana, en Vigo. O seu presunto asasino, un compañeiro de traballo co que mantivera unha relación, está detido na comisaría de policía // Faleceu, despois de horas debatendose entre a vida e a morte, outra muller de 30 anos que fora acoitelada o venres a última hora, na súa casa, no ensanche compostelán. A policía estreita o cerco sobre a súa exparella que fuxeu despois da agresión // Denunciada unha discoteca da Coruña por servir alcohol a 18 menores de idade. Foi despois dun dispositivo da policía local tras recibir a denuncia dun pai. O dono do establecemto, que podería perder a licenza, insiste en que os menores burlaron os controis de seguridade do local. 19/12/16