Laura, a viguesa, enferma terminal, que reclamou públicamente á Xunta acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu e cunha espera menor da habitual. Valedora do tesatmento vital e a morte digna reclamou máis medios para as unidades de coidados paliativos | Novo enfrontamento entre Alfonso Rueda e Ana Pontón no Pazo do Hórreo, pola comisión de investigación sobre contratos da Xunta que os grupos da oposición consideran irregulares. O presidente acusa á lider do BNG de pretender un xuízo paralelo aos dirixentes do PP e os seus familiares | Máis de 60 mil empregados públicos, a maioría docentes, están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central despois de que as aseguradoras deixasen deserto o concurso para seguir prestando o servizo. A Consellería de Sanidade reclama máis información e un aumento dos recursos para atendelos | Hai hoxe xusto 22 anos que se producía fr