Os test de antíxenos, usados xa nos centros de saúde e servizos de urxencias, poderían chegar ás farmacias galegas. Pese ás reticencias do Goberno español, esa posibilidade e avalada pola Unión Europea. Os expertos destacan as suas ventaxas: resultados moito máis rápidos e un prezo que cae a mitade dos das PCR. //O prezo das máscaras cirúrxicas non poderá superar desde hoxe os 0,62 céntimos. A medida entra en vigor trala aprobación polo Consello de Ministros da rebaixa do IVE do 21 ao 4 por cento para este producto. Unha reducción do IVE que se aplica xa desde hai meses noutros países europeos e que aquí se manterá ata finais do ano que vén.// Preocupación entre mariñeiros e vendedores pola caída dos prezos do peixe e do marisco. Algúns afundíron nos últimos días polo peche da hostalaría.. As vendas de marisco para conxelar vanse animando a medida que se achega o Nadal. 19/11/20