O fume que chega dos incendios de Portugal fai que a calidade do aire comeze a verse afectada. A xunta aconsella á poboación de risco non facer actividades continuadas no exterior, sobre todo en Vigo e na Costa da Morte, onde as estacións de Meteogalicia rexistran un alto volume de partículas en suspensión | Un informe encargado pola Xunta plantexa sete posibles fusións de concellos. Destaca os beneficios económicos que obterían os municipios fusionados. Entre eles o de Santiago co veciño Teo, que se convertiría na terceira gran urbe de Galicia e triplicaría a sua finaciación por habitante| | O escritor Manuel Rivas presenta un novo libro. "Tras do Ceo", Defíneo como unha novela negra radical, con notas de humor, na que pon o foco en temas como o ecoloxismo, o abandono do mundo rural, a violencia e o machismo