Ultimato do concello da Coruña á empresa concesionaria da recollida de lixo, tras unha noite de contedores queimados. A piques de cumprir un mes do conflito laboral, coas rúas ateigadas de refugallos, a alcaldesa advirte de medidas excepcionais se a situación non se normaliza antes do próximo luns | Comeza a nova vida do mítico Cine Fraga de Vigo, tras 20 anos pechado. A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan a súa compra por mais de 9 millons de euros. Un acordo que o Concello de Vigo tacha de pouco transparente | O fallo informático de Microsoft deixa en Galicia as incidencias puntuais, sobre todo nos sistemas informáticos do Sergas e na Xunta de Galicia. Houbo tamén afectación en bizum e os datáfonos que se empregan nos comercios e bares para realizar pagos con tarxeta