Milleiros de parados fan cola hoxe en Vigo en busca dun emprego. 36 empresas, institucións e catro ONGs ofertan traballos dende restauración, metal ou automoción. Só nas tres primerias horas desta feira Citroen recibiu máis de 1.000 currículos. A Conselleira de Facenda di que 2013 vai ser dificil , un ano de recesión, pero que agarda indicadores de cambio de tendencia económica a finais de ano. Fixa en 2015 a recuperación económica e un cambio de tendencia a finais deste ano.O Deportivo prepara o partido deste domingo fronte ó Atletic de Bilbao coa intencion de seguir escapando da parte baixa e cun Riazor cheo.O Celta prepara o encontro do luns en Balaidos contra o Zaragoza, que tamén está en postos de descenso. Unha das últimas posibilidades dos celestes para salvarse. (19/04/13)