A mobilidade é a protagonista, no arranque da ponte festiva, con libre circulación dentro de Galicia e normas máis flexibles na hostalaría, ainda que coas reunións dentro das casas limitadas só a conviventes. As actividades de encontro coa natureza, entre as favoritas. //. Un 2.600 axentes da Garda Civil e a Policía Nacional controlan, dende hoxe e ata o domingo, o cumplimento das restriccións. Unha parte do operativo céntrase nos accesos a Galicia, xa que se mantén o peche perimetral da comunidade e está prohibido entrar ou sair sen causa xustificada. // A queima de restos agrícolas e forestais queda prohibida dende hoxe para evitar a proliferación de incendios. A prohibición inclúe as queimas previstas con permisos xa concedidos con anterioridade. A consellería de Medio Rural anunciou a medida tras analizar a situación meteorolóxica e os indicatores técnicos do risco. 19-03-2021