Xiringas, papel de aluminio e outros materiais para o consumo de drogas nas inmediacións do Hospital Clínico de Santiago. Veciños do barrio de Santa Marta denuncian un punto de venda de droga que está a causar problemas de seguridade como roubos ou agresións | Os catro concelleiros de Santiago expulsados do Partido Socialista manteñen o pulso coa dirección e consideran que siguen a ser membros do grupo municipal. Din que están dispostos a recurrir pola vía xudicial | O número de nacementos volveu descender en Galicia en 2024, e quedou por debaixo dos 13.400, mentres que os falecementos ascenderon a 32.700, o que a sitúa como a comunidade con peor saldo vexetativo. O conxunto de España rexistra o primeiro aumento no número de nacementos da última década | Instalan gaiolas para atrapar os cans asilvestrados que causan estragos no gando nunha zona entre os concellos de Maside e O Carballiño, na provincia de Ourense. Os técnicos píden áos veciños que non dean de comer aos animais, que xa