Os armadores do cerco asociados en ACERGA viven os últimos días de acampaña diante da Xunta, en San Caetano, en demanda dun reparto distinto das cotas de captura. Decidiron voltar ao mar, a partir do lúns que vén. Unha decisión adoptada logo de que a Consellería lles garantise uns topes mínimos de capturas de 10 ou 20 mil quilos, dependendo do tamaño dos barcos // Os seis deputados galegos de En Marea apuran os últimos intentos de formar grupo propio no Congreso dos Deputados, antes de que remate o prazo, ás oito desta tarde. Anuncian que, se a mesa do Congreso rexeita a súa pretición, por considerar que non se axusta ao regulamento, recurrirán á vía xudicial // Cuartel Xeral da Forza Loxística Operativa do Exército entregou este mediodía un donanivo na Cociña Económica da Coruña, que ofrece cada día unhas 1.600 comidas. 250 quilos de alimentos que foron levados ata alí polo xeneral xefe desta circunscripcíón militar. 19/01/16